No océano
Adiante e atrás,
adiante e atrás.
Centos de linguas salgadas
lamben os poros da miña pel
transmitindo unha sensación
pracenteira erelaxantepor tódolos nervios
do meu corpo.
Adiante e atrás;
móvome
mexido polas correntes do mar,
coma unha alga no océano;
cara adiante e
cara atrás;
boca abaixo
coas pernas
estiradas ata a superficie;
magnetizado
pola sedución
da escuridade...


0 Comments:
Post a Comment
<< Home